CRTVG

Buscar

Os Premios Princesa de Asturias recoñecen a loita a prol dos dereitos da muller de Gloria Steinem

Publicado o 19/05/2021 19:25
Os Premios Princesa de Asturias recoñecen a loita a prol dos dereitos da muller de Gloria Steinem

A escritora e xornalista estadounidense Gloria Steinem é a galardoada co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades deste ano. Aos 87 anos é unha das nais do feminismo moderno pola súa loita a favor da legalización do aborto, a igualdade salarial entre homes e mulleres, ou a súa loita contra a aprobación da Enmenda da Igualdade de Dereitos, así como contra a pena de morte, a mutilación xenital feminina, entre outras causas. O xurado destacou que "o seu activismo estivo marcado sempre pola independencia e o rigor".

Noticias web

19/05/2021