CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os premios nacionais de Innvoación Educativa recoñecen dous proxectos de Galicia

Publicado o 13/02/2018 21:14





Dous proxectos educativos galegos, un centrado na arte e no emprendemento e o outro na realidade virtual, protagonistas na entrega dos premios nacionais de Innovación Educativa. Son inciativas docentes desenvolvidas no instituto público As Barxas de Moaña, e no Colexio Ponte dos Brozos de Arteixo.




É o recoñecemento aos proxectos educativos innovadores que facilitan a aprendizaxe e melloran os resultados académicos, e sobre todo sociais, dos alumnos. Dous premios foron para iniciativas deselvolvidas en centros de ensino públicos de Galicia. O Instituto As Barxas de Moaña recibe o segundo premio por 'Transformando realidades', un proxecto centrado na creación dun centro de arte contemporánea.

Arte en Moaña e tecnoloxía en Arteixo. O colexio Ponte dos Brozos recibe o terceiro premio da Fundación Gredos San Diego por un proxecto de ensino a partir da realidade virtual.

En total, cinco centros educativos de toda España foron recoñecidos na quinta edición dos premios nacionais de innovación educativa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/02/2018