CRTVG

Buscar

Os premios Goya teñen doce nomeamentos para actores e filmes galegos

Publicado o 14/01/2019 21:49

Os candidados aos premios Goya reúnense esta noite na tradicional festa que quenta motores para a cerimonia do próximo día 2 de febreiro.

Os premios máis importantes do cine español teñen este ano unha importante representación galega. A película A sombra da lei, do director Dani de la Torre, ten 6 candidaturas, entre elas a mellor dirección artística, música e fotografía. Dous actores galegos aspiran aos Goya a mellor actor protagonista, Javier Gutiérrez, e a mellor actor de elenco, Luis Zahera. E tamén hai candidaturas galegas para o mellor filme de animación, o mellor documental e as mellores curtas, tanto de imaxe real coma de animación.



 

Noticias web

14/01/2019