CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Os premios Educa Abanca recoñecen o labor dun profesor de Ciencias de Educación da UDC

Publicado o 13/01/2018 14:58



Un profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña foi recoñecido como mellor mestre de España nos premios Educa Abanca. Víctor Arufe defende un cambio de rumbo no sistema educativo e aposta por un modelo que forme en valores, potencie a creatividade e alimente a motivación dos alumnos.

A candidatura de Víctor Arufe presentouse por iniciativa de varios alumnos. Os premios recoñecen a boa praxe docente e valoran aspectos como a aplicación de estratexias innovadoras, a reciclaxe formativa do profesor ou a introdución das TIC nas dinámicas da aula.

Á primera edición dos premios Educa Abanca presentáronse máis de 1.300 propostas para as cinco categorías. Oito dos cincuenta finalistas traballan en Galicia. Para Víctor resultar premiado no apartado de universidade foi unha sorpresa e un agasallo que quere aproveitar para defender un cambio de rumbo no sistema educativo.

Cre que os docentes deben liderar este cambio na procura dunha excelencia educativa que precisa máis investimentos. O premios entregaranse na Coruña o próximo 23 de febreiro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí