CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os Premios Economía Azul nacen co obxectivo de impulsar o desenvolvemento sustentable nas zonas pesqueiras

Publicado o 27/09/2017 15:09

Impulsar o desenvolvemento sostible nas zonas pesqueiras. Con ese obxectivo nacen os premios 'Economía Azul', que pretenden recoñecer os mellores proxectos empresariais no ámbito da pesca no ámbito local. Hoxe anunciáronse os 12 proxectos finalistas, que destacan pola creación de emprego, polo seu carácter innovador, por diversificar as actividades pesqueiras e polo seu apoio á pesca artesanal.

Modernizar o xeito de traballar nas agrupacións de mariscadores aplicando as novas tecnoloxías. Con ese propósito naceu Xesmar, un dos proxectos finalistas dos premios 'Economía Azul'. A través desta aplicación móbil, facilítase a xestión das quendas e das horas de traballo que son necesarias para renovar o permiso de explotación marisqueira.

A aplicación comezou a testarse nas confrarías de Cambados e Vilanova, e a partir do próximo ano estará a disposicion de todas as confrarías de Galicia. O obxectivo de Xesmar é organizar mellor o traballo dos 3.800 mariscadores de a pé.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí