CRTVG

Buscar

A Revista

Os Premios das Catas de Galicia e o proxecto Symbios, este domingo no Labranza

Publicado o 11/07/2014 13:22

A cata dos viños de Galicia facía 26 anos, 16 a das augardentes e tres a máis nova, a de licores tradicionais. Entre os tres certames avaliáronse máis de duascentas mostras destes produtos, que presentaron unhas cento trinta empresas inscritas nos selos de calidade que os avalan. O domingo no programa Labranza veremos cales foron os mellores, e tamén coñeceremos o proxecto Symbios, un foro de encontro europeo para debater e buscar solucións ao problema do despoboamento rural. A última xuntanza do Symbios celebrouse en Compostela, e este domingo veremos que iniciativas se presentaron para tecer o futuro do medio rural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

11/07/2014