CRTVG

Buscar

Os pregrinos agradecen este tempo fresco que lles facilita facer as etapas do Camiño

Publicado o 05/07/2019 13:24

Este mes de xullo fresco no referente ás temperaturas non lle vén mal a todo o mundo. Milleiros de persoas percorren a diario o Camiño de Santiago. Todos os días do ano, vaia frío ou calor; con choiva, vento ou sol. Pero para camiñar agradecen mellor o fresquiño. Que o tempo estea fresco evita ter que madrugar para saír antes de que o sol aperte. Tamén fai máis levadeiro as costas arriba e os tramos nos que non hai árbores. Moitos peregrinos xa contaban con este refuxio térmico que temos no país.

O que si segue aparecendo son as bochas e as dores, porque os quilómetros hai que facelos igual. O corpo non perdoa.
"Algúns si que tiveron bochas outros van mellor pero en realidade esta temperatura é moi boa para andar", comentan algúns peregrinos que chegan estes días a Compostela".

Sexa con bo ou mal tempo, desde xaneiro a xuño de 2019 chegaron xa a Santiago algo máis de 139.000 peregrinos, 16.000 máis que no 2018. Case un terzo do total no último mes. A maioría chegan a pé e con idades entre 30 e 60 anos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019