CRTVG

Buscar

Os prazos do AVE volven enfrontar a Xunta co Adif

Publicado o 06/11/2019 15:19

O ADIF mantén que as obras da liña de alta velocidade Madrid-Galicia están en prazo. 

Isabel Pardo de Vera, presidenta do ADIF: "Estamos acabando, está todo contratado"

E reitera o compromiso de que as obras estarán rematadas a principios do ano que vén. A posta en servizo da liña quedará pendente das probas. 

Isabel Pardo de Vera, presidenta do ADIF: "Cando rematemos a obra, empezaremos a facer todas as probas e xa non lle podo dicir os meses que van durar, pero seguramente van facer unha idea coas liñas que estamos poñendo en servizo. Polo tanto eu este debate considéroo hoxe xa acabado".

Os prazos non coinciden cos que ten a Xunta, que apunta a atrasos en treitos como o de Zamora-Pedralba, actualmente en probas e pide maior concreción nas datas.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "E o que pedimos non son promesas electorais senón concrecións e verdades. Coa informeción que temos é que as obras non rematan no ano 2020. Que cando menos rematen no ano 2021 para estar totalmente preparados para o ano santo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019