CRTVG

Buscar

Os prazos administrativos volverán contar desde o 1 de xuño

Publicado o 19/05/2020 22:17
Os prazos administrativos volverán contar desde o 1 de xuño


Os prazos administrativos, que foron suspendidos ao comezo do estado de alarma, volverán contar desde o luns 1 de xuño, segundo o novo decreto de prorrogación que aprobou este martes o Consello de Ministros e que mañá se vota no Congreso. Segundo explicou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, esta é unha das novidades que inclúe o decreto lei para prorrogar a alarma ata o 7 de xuño, que reduce as autoridades delegadas, é dicir o mando único, só ao ámbito do Ministerio de Sanidade e "consolida os principios da cogobernanza" coas autonomías.

Ademais, desde o 4 de xuño volverán contar os prazos procesais e tamén os prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións, que se atopaban suspendidos desde a aprobación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, co que se iniciou o estado de alarma.

Polo que respecta aos prazos administrativos, a nova normativa establece que, desde o 1 de xuño, o cómputo dos prazos que fosen suspendidos "se reiniciará" nos casos previstos nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prorrogacións.

Noticias web

19/05/2020