CRTVG

Buscar

Os positivos de varios alumnos fan saltar as alarmas en varios colexios galegos

Publicado o 15/09/2020 15:34

Os positivos de varios alumnos fixeron saltar as alarmas en varios colexios galegos. 

Un deses colexios é o CEIP Nétoma de Razo, en Carballo, onde hai unha clase en corentena. Os 12 alumnos de terceiro de primaria e máis a súa titora están illados logo de detectarse un positivo nesa clase.

O resto do centro segue funcinando con normalidade. A directora da escola, Marta Rodríguez, confirma que se fixeron as desinfeccións oportunas e pide tranquilidade. 

Tamén en Sanxenxo, no CEIP Magaláns, hai outra clase en corentena logo do positivo dunha nena de infantil. O mesmo acontece nun colexio de Cee e noutro de Ourense.

Polo momento o único centro que houbo que pechar por completo en Galicia foi o Calasancio de Pontevedra, tras varios positivos por Covid. Hoxe este colexio comezou coas clases virtuais.

Noticias web

15/09/2020