Os portugueses inician o confinamento voluntario, unha especie de obriga cívica
Mentres en España se debate o confinamento nas casas, os portugueses inician hoxe un confinamento voluntario.
Como o confinamento en Portugal é un deber cívico, non unha obriga, a vida transcorre case con normalidade, e por exemplo en Valença do Miño mesmo hai feira.
O Goberno rectificou e finalmente deixou nas mans de cada concello decidir se o facían ou non, e neste caso decidiuse facelo.
Pero entón que cambia hoxe en Portugal? Ademais de que hai xente que si decidiu confinarse, o teletraballo pasou a ser obrigatorio para quen teña medios nestes 126 concellos, os comercios pechan ás 10 da noite, restaurantes ás 22.30 e nos que só poden estar grupos de 6 persoas.
O Goberno pide confinamento pero mantén abertos os negocios, algo fortemente criticado.
Nos vindeiros días espérase que se aprobe no Parlamento o estado de emerxencia e haberá novas medidas.