CRTVG

Buscar

Os portos galegos, sen transatlánticos nos próximos días

Publicado o 13/03/2020 17:05

Os portos galegos xa cancelaron todas as escalas de transatlánticos que estaban previstas nos próximos días. A medida ten un impacto directo no sector turístico, que perderá ingresos importantes deste tipo de turismo. Respecto á actividade industrial e á lonxa, desenvólvese baixo medidas específicas. 

No porto de Vigo cancelouse o primeiro transatlántico que tiña previsto o seu atraque o próximo 25 de marzo. Como Vigo, o resto de portos galegos manteñen o veto a todos os atraques de buques de pasaxeiros. A medida prexudica o tráfico de cruceiros, clave para o noso sector turístico.

A actividade industrial desenvólvese seguindo os criterios das autoridades sanitarias. Nas lonxas segue a actividade, o porto vigés puxo en marcha un plan de desinfección especial.

A prohibición da escala de transatlánticos é inédita na historia dos portos galegos.
 

Noticias web

13/03/2020