CRTVG

Buscar

Os portos da Pobra e Ribeira entran no tráfico de contedores

Publicado o 03/05/2019 12:19

Os portos da Pobra e de Ribeira comezarán dentro de poucos meses a recibir contedores de grandes dimensións. O da Pobra, con máis de 100.000 toneladas de atún descargadas no ano 2018, é líder neste sector dos portos europeos, pero aspira a incrementar esas cifras. O de Ribeira, con datos algo máis modestos, tamén quere medrar nese mercado dos túnidos.

Coa chegada deses grandes contedores os seus recintos sufrirán unha importante transformación. Alí vanse instalar contedores refrixerados que serán empregados para a almacenaxe e o transporte do atún. De feito, funcionarán como cámaras conxeladoras que se poden enganchar directamente ás cabezas motoras dos camións que van transportar a mercadoría directamente ata as factorías de transformación da conserva que hai na comarca da Barbanza.

"O que vai é facilitar máis esas tarefas de chegada dese produto para que despois chegue ás industrias correspondentes", explica José Juan Durán Hermida, presidente de Portos de Galicia.

Para acometer esta transformación, Portos de Galicia vai conceder dúas concesións nestes peiraos, o que suporá un investimento duns 600.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019