Os policías xemelgos de Ourense declaran polo roubo de armas na comisaría
Os policías xemelgos de Ourense, investigados pola morte dun compañeiro en 2016, levan todo a mañá prestado declaración no xulgado.
Desta vez o xuíz citounos en relación co roubo de armas no búnker da comisaría, un asunto que fora arquivado e que se reabriu pola aparición de novos indicions e informes. Entre eles, o da Unidade de Delincuencia Especializada da Policía, que apunta directamente aos xemelgos. Tres das armas roubadas apareceron na mesa do policía falecido que morreu polo disparo dunha delas. Das outras tres non se sabe nada a día de hoxe.
Un dos irmáns xa saíu do xulgado tras dúas horas de declaración pero o outro continúa dentro. Ata o xulgado tamén de desprazou o daquela xefe da unidade antidrogas da Policia Nacional, que comparece como acusación particular porque lle imputaban o roubo nun anónimo que tamén está sendo investigado.