CRTVG

Buscar

Os pneumáticos teñen que reciclarse ou reutilizarse, di a nova normativa

Publicado o 07/08/2020 14:59

En favor do medio ambiente. Os pneumáticos deberán ser reutilizados ou reciclados sempre que sexa posible e non poderán ir aos vertedoiros a partir de mañá. O novo real decreto quere impulsar a economía circular no sector das rodas.

Os pneumáticos grandes tamén teñen que reciclarse e só poderán queimarse cando non sexa posible usar o seu material. A nova norma establece a prioridade de reutilizar as rodas e establece as condicións que deberán ter os pneumáticos de segundo uso e os recauchutados para a súa nova comercialización.

Ademais, amplíanse as obrigas actuais dos produtores de pneumáticos. Terán que xestionalos cantas veces sexa necesario ata a súa completa valorización. As comunidades autónomas serán as encargadas da xestión e terán cotas para que non haxa un atraso na reciclaxe.

Noticias web

07/08/2020