CRTVG

Buscar

Os pivotes dificultan o paso do camión dos bombeiros na zona monumental de Pontevedra

Publicado o 12/07/2021 13:57

Os bombeiros acudiron á chamada de alerta por un pequeno incendio nesta praza da zona momumental de Pontevedra, pero atoparon os pivotes ao seu paso. Avaliaron a situación e decidiron deixar o vehículo e cargar co equipo de extinción ata o lugar do suceso.

Segundo lembran os veciños, a colocación destas letras, amarradas ao chan por pequenos pivotes, xa obstaculizou o paso de vehículos de emerxencias noutras ocasións.

A presenza destes obstáculos na zona monumental xera opinións distintas entre os cidadáns.

Os bombeiros que acudiron ao suceso rexeitaron facer declaracións ante as cámaras da Televisión de Galicia, pero explican que deixaron o vehículo porque era un incidente menor e non precisaban moito material. Tamén aseguran que, no caso de que necesitasen achegar o camión, dispuñan de rutas alternativas.

 

Noticias web

12/07/2021