Cerqueiros de España e Portugal únense para pedir máis cota de sardiña
Representantes do cerco de España e Portugal piden unha revisión das cotas da pesca da sardiña que ambos países xestionan de forma conxunta. Así o acordaron nunha xuntanza na Cooperativa de Armadores de Vigo. "Os resultados das campañas científicas son moi favorables. subimos máis dun 20% de sardiña anualmente e iso non se reflexa nas posibilidades de pesca da frota", di Andrés García, voceiro de Acerga.
" O máis importante é que se confirmen os datos dos científicos, que a sardiña está en mellor estado do que se cría na Comisión Europea e que nos permitan ir incrementando as posibilidades de pesca desta especie", engade Rosa Quintana, conselleira do Mar.
Os cerqueiros cren que a actual recuperación da especie permite aumentar a cota dende as 10.000 toneladas que pescan actualmente ata as 19.000. Por iso piden unha reunión urxente dos dous gobernos e unha revisión do acordo pesqueiro.
"Estamos en condicións de poñer un límite de pesca preto de 19.000 toneladas. Quedarían 6.400 para España e 12.800 para Portugal", precisa Jorge Abrentes. Representante do cerco de Portugal.
En Galicia hai máis de 150 barcos que se dedican á pesca do cerco.