CRTVG

Buscar

Os pescadores denuncian que a lamprea está en risco de desaparecer do Miño

Publicado o 09/05/2019 18:47

Estamos na zona alta do río Miño ao seu paso por Arbo, onde se localizan centos de pesqueiras milenarias. A través desta arte de pesca obtense a maior parte das capturas de lamprea. Con todo, a tempada deste ano nesta zona foi moi crítica.

Dende a asociación de pescadores do Trabadoiro, que engloba os concellos de Arbo, Crecente, As Neves e Salvaterra, denuncian o exceso de pesca que se vive na zona baixa do río impedindo a chegada de exemplares á zona de desova.

Piden unha solución a esta problemática. Paros de 48 horas e mesmo máis implicación das administracións. Aseguran que de seguires así, estas pesqueiras acabarán desaparecendo ao igual que a súa festa gastronómica, unhas das máis antigas de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019