CRTVG

Buscar

Os pés dos pequenos centran unha xornada en Ferrol con motivo do Día da Podoloxía

Publicado o 08/10/2019 20:52

Os pés son fundamentais na nosa saúde, son os que sosteñen o noso corpo. De aí a importancia de coidalos desde pequenos. Din os podólogos que se as patoloxías nos pés non se atallan desde cativos, poden aparecer problemas na idade adulta, cando xa son máis dificiles de corrixir.

Unha das alteracións máis habituais que detectan estes profesionais nos pés dos nenos é a do pé plano na pegada plantar. Unha patoloxía que chega a afectar, din o corenta e seis por cento dos rapaces en idade escolar.

Juan Dios Tomé, presidente do Colexio de Podólogos de Galicia: "O pé plano ten corrección. Ten unhas causas fisiolóxicas e tamén xenéticas, pero depende de que pé plano sexa e co su diagnóstico correcto pódese corrixir e así evitar deformidades na idade adulta e problemas de costas, de xeonllos e de nocellos. É importante unha revisión aos catro ou cinco anos".

Precisamente, concienciar a poboación da necesidade da prevención e atención temperá para evitar trastornos no pé adulto, foi o obectivo dunhas xornadas celebradas en Ferrol polo Colexio de Podólogos de Galicia e e Universidade da Coruña. O encontro, dedicado ao pé infantil, coincidiu coa conmomoración do Día Internacional da Podoloxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019