CRTVG

Buscar

Os peritos ratifican o mal estado da estrutura que cedeu no Marisquiño

Publicado o 18/09/2019 18:22
Os peritos ratifican o mal estado da estrutura que cedeu no Marisquiño

Os peritos Javier de la Puente e Xosé Ramón Novoa ratificáronse este mércores no informe que elaboraron sobre a estrutura colapsada do paseo das Avenidas durante o festival O Marisquiño en agosto de 2018, que apunta como causa ao estado de deterioración do mesmo. Ambos compareceron perante o xulgado de Instrución 3 de Vigo para aclarar dúbidas aos avogados das partes acudidas na causa xudicial aberta por este accidente, no que resultaron feridas máis de 400 persoas durante un concerto musical que poñía fin ao festival de deporte e cultura urbanas.

En declaracións a Efe, Novoa sinalou que o informe en cuestión, encargado polo xulgado instrutor, conclúe que a estrutura que se esborrallou estaba "moi deteriorada" e que a acumulación de persoas durante o citado concerto foi "unha cuestión circunstancial". "Puido acelerar un pouco" a caída, pero "caería igual" tarde ou cedo, aseverou. A deterioración dos alicerces de formigón sobre os que descansa o paseo de madeira esgotaron a súa vida útil "aos cinco, seis anos" da súa construción, apuntou Novoa, quen apuntou que por entón non existía o concepto de durabilidade que hoxe recolle a normativa para este tipo de construcións. Engadiu que cando se construíu o paseo non se tiñan en conta factores ambientais, por exemplo a deterioración de estruturas de formigón armado pola súa proximidade á auga

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí