CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os peritos do Adif din que a liña de Angrois cumpría a normativa

Publicado o 14/09/2018 15:03
Continúan as declaracións do caso Alvia. Hoxe acudiron ante o xuíz dous peritos achegados polo Adif, a directora técnica da propia administradora de infraestruturas ferroviarias e un enxeñeiro industrial.



Segundo estas peritaxes, a actuación do Adif foi axeitada ás normativas. Informes que para os avogados do maquinista e da plataforma das vítimas son subxectivos. O enxeñeiro Antonio Puyol asegurou hoxe ante o xuíz que a desconexión do ERTMS non afectaba a seguridade da liña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí