CRTVG

Buscar

Os peritos do Adif din que a liña de Angrois cumpría a normativa

Publicado o 14/09/2018 14:23

Mäis declaracións do caso Alvia nos xulgados das Fontiñas, en Santiago. Hoxe acudiron ante o xuíz dous peritos achegados polo Adif, dous enxeñeiros industriais que realizaron informes para defender a actuación na liña de Angrois por parte da administradora de infraestruturas ferroviarias.

Esta mañá acudían aos xulgados das Fontiñas os peritos achegados polo Adif. O enxeñeiro industrial da empresa Airtren, Antonio Puyol e a tamén enxeñeira industrial, Esther Mateo, que na actualidade é directora técnica do propio Adif.Os seus documentos foron presentados polo Adif para defender a súa actuación na liña de Angrois no relativo á avaliación de riscos.

Segundo estas peritaxes, a actuación foi axeitada ás normativas. Informes que para os avogados do maquinista e das vítimas son subxectivos. O enxeñeiro Antonio Puyol asegurou ante o xuíz que a desconexión do ERTMS non afectaba a seguridade da liña.

Os avogados que representan as vítimas e o maquinista solicitan que o maxistrado chame o xefe da axencia ferroviaria europea, encargado de velar pola seguridade no ámbito europeo.

Despois das comparecencias destes tres días, o xuíz Andrés Lago Louro, enfila o final da investigación nos vindeiros meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018