CRTVG

Buscar

Confirman que as contas do Popular non respectaban a normativa

Publicado o 10/04/2019 15:39
Confirman que as contas do Popular non respectaban a normativa

O informe pericial sobre a caída do Banco Popular conclúe que a fuga de depósitos foi a causa da resolución da entidade. Os inspectores do Banco de España tamén apuntan que as últimas contas anuais, as de 2016, "non respectaban a normativa contable" e partían de estimacións "demasiado optimistas".

A Audiencia Nacional investiga a desfeita do que fora o sexto banco de España, que tras a súa resolución foi vendido ao Santander por un euro. Están imputados os seus ex-presidentes Ángel Ron e Emilio Saracho.

Noticias web

10/04/2019