CRTVG

Buscar

Os perfís profesionais de futuro mesturan competencias en tecnoloxía, ciencia e creatividade

Publicado o 02/07/2019 14:37

Máis da metade dos perfís profesionais de futuro para Galicia teñen como base as competencias tecnolóxicas e científicas combinadas coas asociadas á creatividade e o deseño.

É unha das conclusión do catálogo que presentou en Santiago a Consellería de Educación para adaptar a oferta universitaria ás ocupacións estratéxicas de cara a 2030.

O catálogo de perfís profesionais de futuro identifica os 30 roles que máis demandarán as empresas a medio prazo. Entre eles, os de arquitecto big data, científico de datos, técnico en automatización industrial, avogado tecnolóxico, biotecnólogo de alimentos ou deseñador de órganos e tecidos.

En xeral, o futuro do emprego dos titulados superiores estará liderado por profesionais altamente cualificados e especializados, con competencias tecnolóxicas e científicas e tamén en creatividade, deseño, pensamento diverxente e vinculadas á arte. As compencias persoais seguirán sendo diferenciais e o inglés, imprescincible.
O sistema universitario deberá adaptarse as estas novas tendencias.

Carmen Pomar, conselleira de Educación: "A consellería seguirá comprometéndose a traballar nesta liña, xa na segunda fase deste estudo, para construír xunto ás tres universidades galegas un novo mapa de titulacións que cumpra as características que se revelan como fundamentais nestes resultados"

A conselleira de Educación dixo que o seu departamento xa traballa nesta liña. Lembrou que o próximo curso comezarán en Galicia os graos de Ciencia e Enxeñería de Datos, de Creación Dixital, Animación e Videoxogos, de Xestión Dixital de Información e Documentación e de Robótica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019