Os peregrinos refúxianse do mal tempo e deixan baleiro o Camiño de Santiago
Publicado o 16/01/2020 14:20
Saímos esta mañá ao encontro de peregrinos polo Camiño Portugués. Pero non encontramos ninguén.
Porque as condicións de vento e chuvia desta mañá eran máis apropiadas para ver o panorama desde cuberto que para soportalas ao aire.
O Camiño Portugués é, despois do Francés, polo que máis peregrinos chegan a Santiago.
O tempo de inverno fai que diminúan notablemente os camiñantes a Compostela. Así, no último día de rexistro, este mércores, recolleron a credencial 54 persoas chegadas a Santiago polas distintas rutas.