CRTVG

Buscar

Os peregrinos concentran o 2,3% do gasto turístico na comunidade galega

Publicado o 16/04/2018 15:27

Os peregrinos son motor esencial do turismo galego. Contribúen, de feito, máis do dobre ca os turistas españois na economía galega. Así o reflicte un estudo realizado pola Xunta e a Universidade de Santiago sobre o impacto do Camiño. Por cada euro que gastan os peregrinos xérase un 18 por cento máis de emprego que no caso doutros visitantes.

Os peregrinos concentran  o 2,3 por cento do gasto turístico na comunidade galega. Así se desprende do estudo realizado pola Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela que revela a positiva repercusión que o Camiño ten na economía dos concellos do rural, no emprego e nas tendencias demográficas.

No eido económico o estudo conclúe que cada euro de gasto do peregrino xera ata un 11 por cento máis de produto e un 18 por cento máis de emprego que no caso doutros visitantes. Revela tamén que un 80 por cento dos peregrinos volverá visitar Galicia como turistas.

Ademais do impacto económico, os residentes no itinerario xacobeo aprecian positivamente o impacto cultural sobre todo no relacionado coa restauración e coa mellora do patrimonio, así coma o impacto medioambiental que contribúe á preservación da paisaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018