Os peregrinos buscan como volver á casa
Silvestro e Giorgia comezaron o Camiño de Santiago hai semanas, cando a situación do seu país non era preocupante. Como o resto dos peregrinos, viviron estes días tranquilos e un pouco alleos á realidade.
"Quizais non é normal estar tranquilo, pero eu estou tranquilo".
"Xuntámonos todos con todos, estivemos comendo xuntos. Aquí non se falaba do coronavirus, só se poñías as noticias nos bares".
"Realmente non nos deramos conta de que estaba tan forte porque vimos gozando, coñecendo xente, sen revisar Internet nin o teléfono".
" No camiño estamos fóra do mundo. Non escoitamos sobre o asunto, só cando estás nun bar e ves o telexornal entendes que está pasando algo, pero nós estamos fóra do mundo".
"Eu non vin carencia nos supermercados; ao contrario, vin todo cheo, e vexo a xente moi tranquila".
Pero as noticias dos últimos días fixéronos conscientes da realidade, e agora todos buscan o xeito de volver á casa canto antes.
"Algúns compañeiros españois comezaron a recibir imaxes do que estaba pasando en Madrid, e aí foi cando nos demos conta do que pasaba".
"Hoxe chegamos a Santiago e esta noite volvemos a Madrid en avión porque non sabiamos se pechaban ou non, e por se acaso ímonos".
"Tomamos o avión a Barcelona e logo o barco a Civitavechia".
"Se se complicaba, pensabamos volver vía Estados Unidos e neste momento xa non o imos facer, tamén Guatemala pechou, Panamá, Colombia... entón xa veremos".
Este xoves seláronse case 350 compostelas na Oficina do Peregrino. Pero dáse por seguro que a partir de agora as cifras caerán drasticamente.