CRTVG

Buscar

Os percebeiros van ás rochas desafiando o aviso laranxa na costa asturiana

Publicado o 12/12/2019 20:17

O temporal está sacudindo con forza a costa asturiana, onde está activo un aviso laranxa por ondas de ata sete metros. Pero iso non arreda os percebeiros da localidade de Tapia de Casariego, a poucos quilómetros de Galicia.

Hoxe había varios percebeiros asturianos nas rochas fronte a Ribadeo. Eles saben que o mar non perdoa o máis mínimo erro. E por iso coidan ao máximo a súa seguridade. Moitos deles levan chalecos reforzados, para que poidan flotar en caso de que unha onda os tire ao mar ou para protexerse en caso de que caian dun penedo.

Os barcos quedaron hoxe no porto pero os percebeiros que saíron traballar din que a eles non lles queda outro remedio. O prezo do percebe continúa subindo conforme se aproximan as datas de Nadal, con tantos xantares e ceas de empresa. E cando hai temporais, o prezo é aínda maior.