Os percebeiros denuncian que os bateeiros non cumpren o pacto e arrasan as súas zonas de traballo
Publicado o 18/05/2020 14:54
Un día máis, escenifícase na costa galega o conflito que manteñen beteeiros e percebeiros. Desta vez na Guarda e no Rosal, onde os percebeiros solicitaron a presenza da Garda Civil e de Protección Pesqueira para demostrar que os bateeiros están a arrasar as súas zonas de traballo. Non teñen nada en contra de que anden á cría do mexillón, pero denucian que os deixan sen percebe.
Os percebeiros esixen que os bateeiros cumpran o pacto ao que supostamente chegaron hai poucos días. Mentres seguirán vixiantes para denuncialos, aínda que coma hoxe perdan o día dun traballo que dá sustento a moitas familias. Os bateeiros non quixeron falar a cámara, pero agardan que as autoridades intercedan para chegar a acordos.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 21:02