CRTVG

Buscar

Os pequenos negocios botan man do enxeño para beneficiarse do Mundial

Publicado o 14/06/2018 09:08

Cando faltan unhas horas para que arranque o Mundial de fútbol, os establecementos hostaleiros botan man do inxenio para captar clientes cos que compartir as horas de partido.  Así un bar de Lugo ofrece devolver o importe das consumicións se España volve levantar a copa do campionato. 

Cando quedan unhas horas para que arranque o Mundial de fútbol non cabe dúbida de que todas as olladas están postas nos xogadores da selección. Seguir os seus pasos durante  todo o torneo dende unha das cadeiras deste bar lugués pode sairlles de balde aos afeccionados. Se España gaña o bebido nas horas de partido será a custo cero. Este hostaleiro devolveralles aos seus clientes o importe do consumido. 

A campaña para captar clientes non se limita aos partidos que dispute a selección española inclúense todos os encontros do torneo.

Os clientes toman boa nota. O importante é pór a bo recado os tíckets, que xa se sabe que nos momentos de euforia.

Aqui agardan ter que pagar. A primeira cita o venres as oito no encontro contra Portugal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2018