CRTVG

Buscar

Os pensionistas retoman as rúas para esixir que se blinden as pagas

Publicado o 02/02/2019 14:02

Os pensionistas volven a tomar as rúas, esta vez en todas as cidades españolas, para pedir que se blinden as súas pagas e as do futuro na Constitución. Nove millóns de xubilados están convocados pola Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións contra os recortes e en defensa deste dereito. Ás 12 da mañá comezaron todas as protestas. Reclaman, entre outras, que as pensións mínimas e non contributivas acaden o salario mínimo interprofesional.

Noticias web

02/02/2019