CRTVG

Buscar

Os pensionistas españois fan este luns cen semanas de mobilizacións

Publicado o 09/12/2019 14:21

Dous anos mobilizándose en 270 poboacións de toda España mentres a situación social e política, aseguran, recruaba. Dous anos que os pensionistas de Bilbao, punta de lanza das protestas, resumen deste xeito.

"Por desgraza, tivemos que nos mobilizar durante cen luns consecutivos e semella que teremos que seguir así durante algún tempo: o conseguido ata o de agora é moi pouco", explican.

Anuncian por iso que non deixarán de se botar á rúa ata que as súas pensións se revaloricen por lei conforme o IPC e pasen a financiarse a través dos Presupostos Xerais do Estado para estar garantizadas no futuro. E ante un posible goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos, advirten que "se non lles metemos presión, non van acceder facilmente ás nosas reivindicacións".

Pedro Sánchez asegurou en outubro que un mes despois das eleccións esa suba das pensións estaría concretada. O prazo, en teoría, vence mañá, pero mentres o Goberno estea en funcións deberá recorrer a un real decreto lei para levala a cabo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019