Os peiteadores galegos denuncian "a situación dramática" que vive o sector sen a baixada do IVE
Publicado o 23/09/2021 16:47
Subiulles a luz, a carga de traballo baixou coa pandemia, e agora recibiron unha nova negativa á rebaixa do IVE. Afirman que a súa situación é dramática, din que o 30 por cento do sector tivo que botar o peche. Peiteadores e esteticistas esixen que se inclúa a redución do IVE nos presupostos xerais do vindeiro ano.
Din que se senten esquecidos e vetados en relación a outros sectores, por iso van seguir mobilizándose. O 27 de setembro manifestaranse ante o Congreso dos Deputados para esixirlle ao Goberno que recapacite.