Os pediatras recomendan vacinar os menores de cinco anos contra a gripe
• Chegan antes de tempo os virus respiratorios ás aulas
Os virus respiratorios recuperan o espazo perdido durante a pandemia. Sábeno ben estes días en colexios e escolas infantís. Tamén nas farmacias se dispara a venda dos habituais medicamentos para arrefriados, gripes e outras infeccións respiratorias.
Nas consultas a situación sorprende os pediatras. Son virus que adoitan aparecer nos meses máis fríos, pero este ano asoman en pleno cambio de estación.
A Asociación Española de Pediatría xa ten confirmados os primeiros casos de gripe este ano e recomenda, por primeira vez, a vacina para os menores de cinco anos.
Durante a pandemia todos aprendemos ben as medidas hixiénicas para evitar contaxios. Distancia, lavado de mans e máscara que debemos manter ante calquera síntoma.