CRTVG

Buscar

Os patinetes eléctricos deberán ter un seguro de accidentes

Publicado o 23/09/2021 14:34

Xa forman parte da estampa diaria do tráfico nas cidades. Os patinetes eléctricos irromperon con forza como medio de desprazamento urbano. Tanto, que a súa utilización vai case por diante da normativa que regula o seu uso o que xera moitas dúbidas.

A DXT introduciu modificacións no regulamento xeral, pero trabállase nun real decreto que unificará as normas que viñan aplicando os concellos a través de ordenanzas municipais. O uso do casco será obrigatorio en todo o Estado. Tamén contratar un seguro a terceiros.

En estudo está tamén a establecer unha idade mínima para poder desprazarse neles. Non se pode esquecer que, a efectos legais, estase manexando un vehículo e que polo tanto está suxeito ás normas de circulación dos coches. Non se pode ir pola beirarrúa, manipular o teléfono ou levar postos auriculares.

 

Noticias web

23/09/2021