CRTVG

Buscar

Os pataqueiros da Limia reciben pedidos dende diferentes puntos de España

Publicado o 22/04/2020 12:32

Os agricultores e produtores da Limia valoran de xeito positivo a campaña que puxeron en marcha para sacar dos almacéns a pataca que tiñan almacenada, uns 5 millóns de quilos. Se non fose pola COVID, a estas alturas xa estaría case colocada o 100 por cento da produción, aseguran os pataqueiros.

A iniciativa de vendela en liña fixo que as peticións se multiplicasen dende diferentes puntos da península. Ofrecen por 19 euros unha caixa de 20 quilos de patacas. Prometen, ademais, facerllas chegar a calquera punto da península nun día. Unha despensa que queren baleirar antes de comezar a sementeira da nova campaña.

Noticias web

22/04/2020