Os partidos toman tempo para perfilar a estratexia de pactos tras o 28-A
O PSOE quere gobernar en solitario con acordos parlamentarios, repetindo a fórmula dos anteriores 10 meses de goberno. Podemos demándalle a Pedro Sánchez un executivo de coalición, pero o presidente do Goberno ábrese de momento a negociar acordos programáticos, dentro do marco das políticas progresistas. O autodescarte de Ciudadanos segue vixente, malia os chamamentos desde alguns círculos empresariais.
Dous días festivos na capital de España a partir de maná darán tempo a todos os partidos para dixerir os resultados electorais e marcar as súas estratexias cara o próxima lexislatura. No marco dunha nova e inminente convocatoria electoral, a das municipais e europeas, Sánchez optar por tomar con calma a política de pactos; máis tendo en conta que a constitución das Cortes non será ata o 21 de maio. De momento, desde o PSOE expresaron a súa preferencia por gobernar en solitario. O secretario de Organización, José Luís Ábalos, di que os socialistas non se plantea a posibilidade dun pacto con Ciudadanos
Jose Luís Ábalos, secretario de Organización do PSOE, declarou: "Desenvolvemos un programa de esquerda, de centro-esquerda, que tampouco tivo moito apoio desta formación, Pero en todo caso temos moi claro o que pensa a nosa militancia, e temos moi claro o desexo dos nosos electores, e non imos decepcionalos".
Un 'pacto do abrazo' que, ademais, era rexeitado o domingo pola militancia concentrada ás portas de Ferraz, e que tamén descarta tallantemente Ciudadanos, que se considera en empate técnico co PP e disposto a tentar liderar a oposición.
Inés Arrimadas, de Ciudadanos asegurou que "non vai haber ningun tipo de negociacións para un goberno e unha investidura que fecilite que o Señor Sánchez chegue outra vez a Moncloa da man de Iglesias e dos partidos nacionalistas".
Podemos tamén se dá tempo. Ata a próxima semana, o día 6 non convocan o Consello Cidadán Estatal para seguir analizando os resultados. Iso si, advírtenlles á prensa que a diferenza de 2015 levarán as negociacións co PSOE con discrección, e sobre a base de pactos programáticos de esquerda.
Pablo Iglesias, o líder de Podemos, argumenta que "desde hai anos as eleccións en España non van tanto de ganar como de sumar e nós somos unha peza política imprescible para que haxa un goberno de esquerdas. Pidolles paciencia e pídolles que asuman que imos ter que ser discretos nesta negociación".
Sánchez tentará buscar o resto de apoios nos seis deputados de PNV, e os únicos deputados Compromís e o Partido Rexionalista Cántabro. Sumarían así 175, e só precisarían unha abstención.