CRTVG

Buscar

Os partidos políticos rexeitan a repetición electoral coa investidura en punto morto

Publicado o 10/08/2019 21:22

A investidura segue sendo o gran referente político cen días despois das eleccións. Desde o goberno en funcións apelan á madurez de todos ioa actores políticos por boca da vicepresidenta, Carmen Calvo. Mentres, desde o Partido Popukar e Ciudadanos denuncian a inacción de Pedro Sánchez e a connivencia cos independentistas.

A estratexia de Pedro Sánchez céntrase agora en retomar os contactos con Unidas Podemos a finais de agosto e negociar un acordo programático, mentres Pablo Iglesias opta polo hermetismo. Non hai síntomas de que o líder da formación morada poida ceder ante unha "solución á portuguesa" e renunciar ao goberno de coalición.

Mentres, a vicepresidenta en funcións, Carmen Calvo, sinalaba hoxe que están traballando para evitar un novo proceso electoral e pediu "madurez" por parte de todos para posibilitar un goberno e evitar a cita coas urnas. Sinala Calvo que sendo eles a lista máis votada, "todo o mundo deberían axudar a que haxa goberno moi pronto".

Desde o PP denuncian que "cen día despois todo segue igual" e que agora Sánchez deixa claro que, entre os seus socios naturais, están os independentistas. Nese sentido, lembran que eses partidos "seguen amezando as institucións" e continúan dicindo que "queren unha Cataluña fóra de España""

En Ciudadanos sosteñen que non queren repetición electoral, pero mantéñense firmes no voto negativo á investidura de Sánchez. Din que o responsable do "suspenso" na investidura é o presidente do goberno, "que é o que ten que cumprir co encargo" do Rei

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019