CRTVG

Buscar

Os partidos reaccionan á decisión da Xunta Electoral de avalar "os venres sociais"

Publicado o 12/03/2019 14:30

Pedro Sánchez reuniuse esta mañá coas principais asociacións ecoloxistas. No Goberno ven lóxica a decisión da Xunta Electoral. Din que teñen a obriga democrática de informar pero que non farán declaracións políticas dende o asento do Consello, por sentido común.

Podemos, que presentou o acordo con Equo para ir en confluencia ás eleccións, di que respecta a decisión da Xunta Electoral pero insiste en que o Goberno está facendo un uso partidista das institucións.

O líder do PP participou en Vitoria nun acto empresarial. Comprometeuse a baixar os impostos, a incentivar o aforro e a reducir os trámites para poder crear unha empresa en cinco días.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019