CRTVG

Buscar

Os partidos políticos valoran o auto do Supremo e que Forcadell acate a legalidade

Publicado o 10/11/2017 20:47

A maioría dos partidos políticos respectan a decisión do maxistrado do Supremo e algúns cren que pode contribuír a rebaixar a tensión política. Nalgunhas formacións, como PP, Ciudadanos e PSOE, consideran sorprendente e contraditorio que acaten a legalidade os mesmos que promoveron a declaración unilateral de independencia.

Agás Esquerra Republicana que fala de decisión xudiciais propias dun Estado de Dereito frustrado, a maioría dos partidos con representación parlamentaria respectan o auto do xuíz do Supremo sobre Forcadell e os membros da Mesa. Algunhas formacións cren que contribuíra a rebaixar a tensión política e pode ser bo para que o proceso electoral se normalice.

"O Tribunal Supremo paréceme moito máis garantista e o que se ditou onte contribúe a rebaixar a un pouco a tensión", di Balldoví de Compromís."Desexando que o Supremo quede con todo a causa que leva a Audiencia Nacional e deste xeito tamén os conselleiros do 'Govern' teñan a posibilidade de quedar en liberdade", apunta Bonheví do PDeCAT.

Pero os partidos tamén opinaron sobre a decisión dos investigados de acatar ante o xuíz a legalidade vixente.

"Son moi valentes pedíndolle á xente da rúa que se lance ao perigo pero cando están diante do xuíz son uns covardes", di Tony Cantó de Ciudadanos."A min gústame máis a sinceridade, a xente que asume a responsabilidade dos feitos que provoca", apunta Patxi López do PSOE."Pensamos que hai algún independentista que por fin caeu do cabalo. E lamentablemente para esta viaxe non facían falta alforxas", di Casado do PP.   Os partidos que apoian o 155 cren que o dano xa está feito pero agardan que as eleccións do 21-D permitan endereitar a crise política.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017