CRTVG

Buscar

Os partidos manteñen as súas posicións sobre a prisión permanente revisable

Publicado o 13/03/2018 14:45

O caso do neno Gabriel Cruz encaixaría nos supostos da prisión permanente revisable se se confirma que se tratou dun asasinato. A vítima é menor de 16 anos e existiu intento de obstruír a recuperación do cadáver.

Os partidos políticos manifestan as súas discrepancias sobre a continuidade da prisión permanente revisable, que se debaterá o próximo xoves no Congreso. O PP culpa a Ciudadanos e demais partidos da posibilidade de que se derrogue esta pena e o PSOE acusa a PP e Ciudadanos de electoralismo. Podemos e Ciudadanos tamén manteñen as súas posicións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018