Os partidos políticos consensúan os protocolos dos actos de campaña en Cataluña
Última xuntanza da mesa de partidos no Parlament para decidir como serán os actos de campaña e, sobre todo, como garantir a seguridade dos cidadáns que queiran asistir. Iso si, o Goberno catalán e a maioría dos partidos insisten en que o 14 de febreiro non é a mellor data.
Á espera de que o TSXC a confirme ou non, o Govern concreta medidas: non vacinará os membros das mesas pero facilitaralles EPI para a franxa de votación recomendada a illados e contaxiados. Os partidos acordan que os mitins estarán permitidos pero sen bicos, sen apertas e sen música. E hai consenso en non mobilizar simpatizantes que non sexan do propio municipio.
Será unha campaña insólita, sen visitas a mercados nin paseos polos barrios nin autofotos coa veciñanza. Os folletos, globos e caramelos con mensaxes electorais substituiranse por aplicacións móbiles.
Con todo, os actos iniciais da campaña cumpriron coa tradición: a dos principais líderes acompañando o candidato.