Os partidos nacionalistas cualifican o 23-F como unha operación de Estado para apuntalar o réxime
Outros sete partidos, entre eles o Bloque Nacionalista Galego, rexeitaron asistir á celebración, que definirion como un acto de branqueamento da monarquía e de Xoán Carlos I. Ciudadanos, Vox e o PP responsabilizan o Goberno socialista de permitir o menoscabo das institucións e da democracia.
Néstor Rego, BNG: "Non imos participar porque non é que haxa dúbidas do papel do Borbón reinante naquela altura; o que hai son evidencias da súa implicación nun golpe de Estado do que se apeou cando viu que fracasaba".
Inés Arrimadas, Ciudadanos: "O incrible é que os que hoxe non están aquí son socios do Goberno de España".
Gerardo Pisarello, Unidas Podemos: "Na nosa opinión, o mellor compromiso coa democracia pasa por recoñecer os seus límites, as súas anomalías e as súas imperfeccións".
Iván Espinosa de los Monteros, Vox: "Alentan un golpe de Estado a cámara lenta para minar os cementos da convivencia".
Cuca Gamarra, PP: "Instamos o presidente Sánchez e o PSOE para que vexan ben con quen están gobernando e o efecto que está tendo en debilitar a nosa democracia plena".
Carmen Calvo, PSOE: "A democracia é unha tarefa continua, nunca está pechada nin garantida. Correspóndelles a todos en calquera lugar que se encontren, tanto nas institucións coma na vida cotiá".
Pablo Iglesias di que aínda quedan cousas por saber sobre o 23-F, e defenderá cambiar a Lei de segredos oficiais para que saian á luz. Desde o PSOE din que non hai nada oculto, e piden que non se cuestione o papel de Xoán Carlos I.