CRTVG

Buscar

Os partidos galegos abren a campaña na Coruña e en Vigo

Publicado o 31/10/2019 20:03

Tras unha pegada de carteis ás dez e media da noite na sede provincial de Pontevedra, os populares galegos farán o acto central de apertura de campaña en Vigo ás once e media. Será un acto, din, en clave autonómica, coa intervención do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Os socialistas galegos elixiron a cidade da Coruña. O secretario xeral, Gonzalo Caballero, abrirá a campaña ás doce menos cuarto da noite no Obelisco, acompañado da ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño.

Na Coruña faranse tamén os actos centrais do resto de forzas políticas. Os cabezas de lista de Galicia En Común reuniranse na cidade ás oito, para despois facer cada un a pegada de carteis cada un na súa provincia contra a medianoite.

O Bloque Nacionalista Galego organizou un magosto na praza de Catro Camiños co que arrancan a carreira cara as urnas, no que participará a voceira nacional, Ana Pontón.

Vox e Más País farán tamén a pegada de carteis na cidade herculina. Mentras que Ciudadanos optou por repartir os seus actos e os seus candidatos por Galicia, con pegadas de carteis simultáneas nas catro provincias.



 

Noticias web

31/10/2019