CRTVG

Buscar

Os partidos critican a Sánchez por non aceptar ningunha das ofertas

Publicado o 17/09/2019 21:04

Antes de verse co Rei, Pedro Sánchez falou por teléfono cos líderes de PP, Ciudadanos e Podemos en busca dun apoio de última hora. A Albert Rivera envioulle ademais unha carta para explicarlle que xa estaba cumprindo as 3 condicións que o líder laranxa puxo para facilitar a investidura. Pero Ciudadanos cualificou a misiva de tomadura de pelo. Tras verse co Rei, Rivera avisa que os cidadáns tomarán nota de quen bloqueou o país se ao final hai que volver ás urnas.

 Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, di que "se Sánchez nos leva a unhas eleccións tirando pola borda unha proposta cos seus socios de goberno por un lado e unha solución de estado cos constitucionalistas polo outro, entón Sánchez xa é o problema".

Pablo Iglesias transmitiulle ao Rei que só votará a favor da investidura de Sánchez se acepta a entrada de Unidas Podemos no executivo. O líder da formación morada sospeita que o socialista prefire a oferta de Ciudadanos.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, "Pedro ten dúas propostas. Unha proposta pola dereita e outra pola esquerda. O razoable é que optara por unha das dúas. Querer sen presidente da cambio de nada, non sei se é o máis razoable"

Pablo Casado acusou a Sánchez de non chamar ás catro portas que, segundo o seu reconto, o podían facer presidente. Séntese unha peza dun plan preconcibido.

Pablo Casado, presidente do PP, dixo que "temos a sospeita de que Pedro Sánchez non quería formar goberno. O que quería desde o principio era ir a eleccións e todo parece indicar que xa o conseguiu. Espero que se nos aboca a eleccións xerais non lle saia gratis".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019