CRTVG

Buscar

O temporal Elsa afecta os emparellamentos dos equipos galegos na Copa do Rei

Publicado o 20/12/2019 16:21

Os ventos e as chuvias que trouxo a borrasca Elsa coáronse ata o sorteo dos emparellamentos da copa do rei. O Celta, logo da súa convincente vitoria ante o Peña Azaresa ten que agardar rival. Porque os estragos do tempo chegaron ata Mérida. Alí tivo que se suspender o encontro entre o equipo local e o La Nucía. Segundo explicaba Paco Puerta, presidente do Almería, "o temporal rompeu dúas das ancoraxes dunha das torretas dos focos do estadio que mide 20 metros e tanto os bombeiros, como a policía, como o técnico do concello recomendaron o inmediato alto do partido e que se tiña que cancelar porque efectivamente había risco de caída inminente"

Sen tanto perigo pero Elsa tamén deixou o seu rastro en Pasarón, onde só permitiu que se xogasen 16 minutos. Se o Pontevedra é quen de derrotar ao Ibiza xogará contra o Albacete. Así que arestora só o Deportivo coñece o seu rival. Será o Uninistas de Salamanca, un conxunto ao que xa derrotou na pretemporada, con este gol de Cristian Santos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/12/2019