CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Os participantes de "Xuntos no Camiño" chegan a Compostela

Publicado o 25/03/2017 21:29
Os máis de cen participantes no proxecto Xuntos no Camiño remataron esta tarde a súa ruta ata Santiago de Compostela.

Chegaron á praza do Obradoiro sobre as cinco e media. A iniciativa, promovida por cinco asociacións pontevedresas, iniciárase en Tui en xaneiro e naceu co obxectivo de facer máis visible a realidade dos seus asociados e reclamar medidas que normalicen as súas vidas. No Obradoiro recibiunos a directora xeral de Maiores e Persoas con discapacidade.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí