CRTVG

Buscar

Os paralímpicos galegos representan o 15 por cento da delegación española

Publicado o 20/05/2021 20:43

Xa coñecemos a lista de deportistas paralímpicos galegos que poderán estar nos Xogos de Toquio, que se celebran do 24 de agosto ao 5 de setembro.

Nun acto en Vigo déronse os nomes dos 21 deportistas preseleccionados. A lista definitiva coñecerase na primeira quincena de xullo. Entre os que xa teñen a praza asegurada hai algúns que repiten, como Juan Saavedra ou Susana Rodríguez Gacio, e outros que participan por primeira vez como Adi Iglesias, Adrián Mosquera ou Alejandro Vidal, único español na estrea do taekwondo como deporte paralímpico.

Noticias web

20/05/2021