CRTVG

Buscar

Os panadeiros dan por perdida a campaña de Pascua

Publicado o 30/03/2020 14:12

A maior parte dos panadeiros galegos seguen traballando durante o confinamento. É unha das actividades permitidas para garantir o abastecemento. Aínda así, sofren as aconsecuencias desta situación anómala no xeito de traballar e nos seus ingresos.

En circunstancias normais estarían traballando duramente para facer fronte á Pascua. Unha campaña que supón para eles importantes beneficios e que xa dan por perdida. Aínda así, algúns buscan alternativas.

Aos panadeiros aféctalles especialmente o peche da hostalería, xa que para algúns deles supón a maior fonte de ingresos, por iso animan ao consumo dos particulares na medida do posible.
Son días complicados pero os panadeiros teñen claro que non van deixar o seu traballo e confían en que virán tempos mellores.

Noticias web

30/03/2020