CRTVG

Buscar

Os países que participan no Cumio do Clima buscan un acordo de conclusións

Publicado o 14/12/2019 10:30

Este sábado estamos tamén moi pendentes do Cumio do Clima. As negociacións entre os países participantes prolongáronse durante toda a noite, e continúan arstora, en busca dese acordo de última hora.
A Conferencia das Partes estaba programada para onte, pero as diferenzas entre os países pospuxeron o peche desta cita mundial. Unha desas diferenzas estaba no artigo 6 do Acordo de París de 2015, que regula os mercados de carbono, unha das principais ferramentas dos gobernos para reducir as emisións de dióxido de carbono á atmosfera. Estaba previsto que ás nove desta mañá comezase o plenario final co que clausurar e facer balance deste cumio, pero parece que se volve atrasar un par de horas.
 

Noticias web

14/12/2019